Los Huéspedes Felices llevan explorando los territorios Folk-Rock-Psychedelicos desde hace dos déca

Mi foto
Los Huéspedes Felices llevan explorando los territorios Folk-Rock-Psychedelicos desde hace dos décadas; incansables en su búsqueda, a pesar de los múltiples cambios de formación a lo largo de los años, han seguido cuidando de sus pocos pero incondicionales fans a base de pequeñas colecciones de canciones con las que, de cuando en cuando, les sorprenden.

lunes, julio 22, 2013

EXPOSICIÓN EN EL C.T.B.

El pasado Viernes se inauguró en el Centro Torrente Ballester de Ferrol esta exposición de la que somos partícipes con discos, carteles y alguna que otra cosa más:




Centro Torrente Ballester
O CENTRO TORRENTE BALLESTER INAUGURA ESTA CANCIÓN ATOPEINA TIRADA, UNHA EXPOSICIÓN QUE FORMULA UN ACHEGAMENTO AO DESEÑO GRÁFICO E VISUAL A PARTIR DA IMAXE QUE XERAN ALGÚNS DOS GRUPOS MUSICAIS MÁIS RELEVANTES DA ESCENA GALEGA INDEPENDENTE ACTUAL.

Este venres día 19 de xullo, ás 20:00 horas, terá lugar a inauguración da exposición Esta canción atopeina tirada.

Tras a inauguración oficial presentarase Galician Hi-Fi, un documental inédito sobre música independente en Galicia.

Esta canción atopeina tirada pon de manifesto a estreita relación entre a música e as artes gráficas, intentando analizar todo desde a perspectiva de como os grupos conseguen a súa propia imaxe traballando o Do it yourself (faino ti mesmo), creando as súas propias canles de difusión ou colaborando con xente doutros campos creativos como o deseño gráfico ou audiovisual.

A exposición toma o seu nome dunha das letras do grupo galego Triángulo de Amor Bizarro, que xunto a The Telephone Rouges, Fluzo, Novedades Carminha, Disco Las Palmeras!, Carrero Bianco, Bang 74, Quant ou Los Huéspedes Felices son algúns dos grupos instigadores do que poderiamos pensar como unha nova época dourada da música en Galicia. A exposición formúlase para intentar recoller a idea de como multitude de grupos musicais están a conseguir gran repercusión dentro e fora das nosas fronteiras.

A mostra pon atención ás achegas que as colaboracións dos grupos de música están a xerar ao campo do deseño gráfico (portadas de discos, carteis, fanzines, flyers), ao universo dos blogs e ao audiovisual, incidindo na riqueza cultural que está a xurdir ao compás deste novo movemento musical independente. Todo o relacionado coas novas correntes musicais ten cabida polo seu interese creativo, non soamente no plano musical, senón sobre todo pola produción de imaxe que se xera ao seu arredor. Todo iso resulta un claro indicador para facernos ver a importancia deste mapeo e reflexión da unión das disciplinas formuladas arredor do feito musical.

Ao proxecto expositivo, comisariado por Mónica Maneiro, únese un proxecto editorial con carácter divulgativo e recompilatorio que presenta, con gran calidade gráfica, unha serie de fichas técnicas, letras de cancións, fotografías e todo o traballo de autoedición e produción compartida que rodea o singular universo creativo de cada grupo.




No hay comentarios: