Los Huéspedes Felices llevan explorando los territorios Folk-Rock-Psychedelicos desde hace dos déca

Mi foto
Los Huéspedes Felices llevan explorando los territorios Folk-Rock-Psychedelicos desde hace dos décadas; incansables en su búsqueda, a pesar de los múltiples cambios de formación a lo largo de los años, han seguido cuidando de sus pocos pero incondicionales fans a base de pequeñas colecciones de canciones con las que, de cuando en cuando, les sorprenden.

miércoles, febrero 27, 2008

ECOS DO FIN DE SEMANA


Este fin de semana estivemos tocando, o venres 22 en Limodre en casa Ardá cos Contrastes de Santiago que nos gustaron moito coma sempre e o sábado na Coruña con Boy Elliott & The Plastic Bags. Do concerto do venres non saímos nada contentos, non estivemos cómodos co son en ningún momento, o sábado foi moito mellor en tódolos aspectos e acabamos convencidos de que nos quedara ben, aínda que seguimos observando que a maior parte da xente segue sen entender o noso repertorio, coa excepción de Jose María Rey que estaba de visita na Coruña e que acabou gratamente sorprendido. A lista de temas foi practicamente o mesmo, agás o sábado que tocamos "Confusión", unha canción de “Luz Artificial” que nunca probaramos en directo. A lista foi a seguinte:

Kaleidoscopio (Procol Harum)
Frecuencia Intermedia
Sesión de Tarde
Lorne Green
A Irmá do Dr Robert (Os Cowboys Espirituais)
Este Siglo
Ilusiones
Dr Esquerdo
Balada Para Moris
Confusión
Su Forma de Andar
El Extraño Viaje
Brilla
13 Días
Sol de Invierno
Colores (Santabárbara)
Hallucinations (Tomorrow)


A foto é do concerto en Ardá e foi obra de Martín

No hay comentarios: