La Casa de los Huéspedes Felices

Tipos Normales Con Guitarras Elécricas

martes, marzo 14, 2006

DZINE 18-2-2006


Chegamos a San Sadurniño as oito, Burgas Beat aínda non apareceran. Despois da proba unha cea rápida có de sempre, raxo, chipirones e viño con gaseosa. A pesar da noite que facía achegáronse unhas 50 persoas, case todos para ver a Burgas Beat, o noso poder de convocatoria segue sendo nefasto. Empezamos case a unha da mañá poque Moncho non aparecía. O repertorio foi o mesmo ca última vez co engadido de tres temas que tocamos mentras Moncho cambiaba a corda da guitarra, non era o seu día. A que máis gustou foi "Balada para Moris" Creo que non erramos moito, había un tipo entre o publico, supoño que nativo de San Sadurniño que só pedia os Rolling Stones, algo habitual.
Burgas Beat fixérono moi ben, empezaron fríos pero pouco a pouco foron sentíndose máis cómodos. A destacar a cantidade de pedales de Dofo que fixo que mantivera unha distendida conversa sobre o fenómeno das pedaleiras con Álvaro.
Estas son as tres que fixemos para completar

"Todo el mundo Sabe" (Neil Young)
"Something in the Air" (Thunderclap Newman)
"Quiero ser tu Playboy" (T. Rex)

A foto é a primeira que facemos en seis anos con pose guai.

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home